FEDERICO GRANELL. De Viaje






FEDERICO GRANELL. De Viaje

    

07/11/2019


FEDERICO GRANELL (Cangas de Narcea, Asturias, 1974) presenta a súa primeira exposición en Santiago de Compostela coincidindo coa súa participación como artista convidado de Compostela Ilustrada, un encontro anual que convoca a coñecidos debuxantes e  aficcionados á arte do debuxo que durante varias xornadas comparten a cidade para representala desde múltiples perspectivas.

 

A mostra acolle unha selección de pinturas e debuxos en cadernos froito das viaxes do artista por diferentes lugares do mundo ao longo dos últimos anos. Nela pódense ver obras de diferentes series como as dedicadas aos aeroportos, a Nova Zelandia, Turquía,  Honk  Kong ou Xapón, ademais de lugares máis próximos como Asturias ou Galicia.

 

A pintura de Federico Granell recrea o carácter narrativo e vivencial da viaxe como distanciamento da rutina e do cotián, como descubrimento de novos lugares e diferentes formas de vida, pero tamén como unha viaxe cara ao interior, cara ao encontro dun mesmo. Nas súas obras, unha luz  tamizada polo recordo, a modo de fotografía  decolorada polo paso do tempo, trasládanos a eses lugares gravados de forma difusa na súa memoria. Granell non necesita a cámara fotográfica para documentar as súas viaxes, faio cos seus lapis ou acuarelas, retratando non só o lugar senón tamén o que só o viaxeiro pode sentir.

 

Nas súas obras, o individuo alcanza un protagonismo fundamental, sempre se revela envolvido nun halo de soidade,  ensimismamiento e nostalxia, en escenarios melancólicos e cargados de certo misterio e  irrealidad. Estas imaxes recompiladas en cadernos constitúen o soporte das súas viaxes, das súas vivencias e tamén das súas fantasías. Algunha delas trabállaas posteriormente no seu estudo cunha exquisita técnica nun exercicio de  rememorarión e  idealización que achega esa dose romántica e cinematográfica que impregna todo o seu traballo.

 

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca en 1999, na especialidade de Deseño e Audiovisuais, e formado logo en Milán e Roma, Federico Granell iniciou a súa carreira fai máis dunha década, e aínda que a pintura foi o seu medio de expresión máis habitual, tamén traballou a escultura, a fotografía, o debuxo, o gravado ou a  videoinstalación. Nas súas palabras, ?sempre co ánimo de dar renda solta ás miñas inquietudes e explorar tantos medios como me sexa posible dependendo da idea que me preocupe nese momento?. 

 

Artista destacado no panorama artístico nacional, realizou numerosas exposicións en recoñecidas galerías de arte españolas, europeas e suramericanas, foi galardoado con importantes premios e as súas obras están presentes en prestixiosas coleccións como a do Museo de Belas Artes de Asturias, a da Xunta do Principado de Asturias ou a Colección DKV..

 

 

.

 

 

 




<< Listado de Exposiciones
                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir